miércoles, 29 de julio de 2015

XVI Feira da Troita


Presentamos o cartel da XVI Edición da FEIRA DA TROITA de Sobrado dos Monxes. Desta volta as datas a celebrar o evento serán o 8 e 9 de Agosto.

Comezaremos o sábado 8 de agosto coa XI Edición do FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE. Este ano optouse por 4 formacións da terra, é dicir galegas.

Serán os CUCHUFELLOS os encargados de abrir o Festival. Os seguintes en subirse o esceario serán LOS CLARETES como antesala de RUXE RUXE. Para pechar unha noite chea de boa música será ZËNZAR quen lle dé o broche de ouro.

O domingo 9 será cando a "Troita á Montañesa" (receita sobradesa) se erixa en protagonista do día. Unha xornada que arrancará as 11,00 horas coa apertura dos stands de artesanía. As 14,00 horas o párroco de Sobrado DAVID ÁLVAREZ será o encargado de dar o Pregón da festa nesta edición.

Unha vez rematado o Pregón a Orquestra DELIRIO poñerá a música nunha animada sesión vermú onde o arrecendo a comida xa é patente.

A partires das 16,00 horas comezarán as actividades de tarde coa animación de rúa chamada "FITNESS".

Uns "xa" clásicos da Feira da Troita como son os grandiosos FESTICULTORES TROUPE daranlle ritmo e cor coa súa música balcánica a Praza central da Vila.

Tamén a esa mesma hora, as 17,00 horas habilitarase na "Vía Sacra" a zona de xogos gratuita: Touro Mecánico, Futbolín Humano, Rocódromo, Hinchables, Talleres de Maquillaxe, Golosinas... (terán unha duración de 4 horas)

Xa as 19,00 horas o Grupo de Baile A MARISTELA de Sobrado fará as delicias do público asistente exaltando os temas máis destacados do folclore galego.

E para pechar esta xornada festiva por excelencia de novo a Orquestra DELIRIO será a encargada de poñer a música a partires das 20,00 horas e ata que o corpo aguante.


*PODERASE DEGUSTAR "TROITA Á MONTAÑESA" NA PRAZA DO POBO E NOS LOCAIS HOSTALEIROS DE SOBRADO.


martes, 5 de agosto de 2014

Horarios do Festival


Damos a coñecer os HORARIOS do X Festival Musical e Intercultural da Xuventude que se celebrará este sábado 9 de agosto na Praza do Concello de Sobrado. 

ENTRADA DE BALDE!!!

22,00h BESTLIFE (UNDERYOURSEAT)
23,05h MCKUIN
00,30h LOS DELTONOS
02,00h THE CORNELIUS

jueves, 17 de julio de 2014

XV Feira da Troita - O Programa -


Presentamos de xeito oficial o Programa de Actividades da XV Edición da Feira da Troita que se celebrará os días 9 e 10 de agosto en Sobrado.

Clicade na imaxe para poder ampliar.

Os días 9 e 10 de agosto tedes unha cita en Sobrado.

Vémonos!!!

Los Deltonos fan oficial a data de Sobrado


Los Deltonos veñen de facer oficial a data do Concerto que ofrecerán en Sobrado o sábado 9 de xullo con motivo do X Festival Musical e Intercultural da Xuventude. Acompañárán a banda cántabra The Cornelius, BestLife (UnderYourSeat) e McKuin.

martes, 15 de julio de 2014

Los Deltonos, The Cornelius, Bestlife (Under Your Seat) e McKuin no X Festival Musical e Intercultural da Xuventude

O sábado 9 de agosto terá lugar a X Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude aquí en Sobrado. Xa podemos adiantar de xeito Oficial os grupos que formarán parte neste ano 2014 do Festival que da inicio a Feira da Troita que se celebrá o domingo 10 de agosto.

- LOS DELTONOS
- THE CORNELIUS
- BESTLIFE (Under Your Seat)
- MCKUIN

En vindeiros días daremos un avance do que será o cartel completo de actividades para os días 9 e 10 de agosto nos que terá lugar a XV Edición da nosa querida FEIRA DA TROITA.

Deixámosvos uns videos de Los Deltonos, The Cornelius e Bestlife (Under Your Seat) para ir abrindo boca.


lunes, 5 de agosto de 2013

OFICIAL: XA ESTÁ LISTO O CARTEL


Facemos OFICIAL o cartel da XIV Edición da Feira da Troita de Sobrado dos Monxes. Clicade na imaxe para ampliar e ver as actividades que terán lugar os días 17 e 18 de agosto.

miércoles, 24 de julio de 2013

O´FUNK´ILLO cabeza de cartel



A banda sevillana O´FUNK´ILLO será a cabeza de cartel da IX Edición do FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE que se celebrará en Sobrado o sábado 17 de agosto e que servirá para dar a benvida a unha nova edición da Feira da Troita.
O grupo de  ANDREAS LUTZ, RAFA KAS e PEPE BAO ten a capacidade de contar  con gran variedade de estilos musicais: Funk, Metal, Flamenco ou Reggae.

 Sen lugar a dúbidas é un auténtico luxo ter a estes artistas nun Festival que un ano máis será gratuito e que se celebrará como acostuma na Praza do Pobo.



Pero O´FUNK´ILLO non estará so no esceario de Sobrado. Como grupo teloneiro teremos a ledicia de poder contar con RECAMBIOS TUCHO onde Tuchiño, membro dos Heredeiros da Crus comanda a nave da formación de Ribeira. Rock & Risas asegurado.

En vindeiros días anunciaremos a programación completa da XIV EDICIÓN DA FEIRA DA TROITA.

Estade atent@s