miércoles, 29 de julio de 2015

XVI Feira da Troita


Presentamos o cartel da XVI Edición da FEIRA DA TROITA de Sobrado dos Monxes. Desta volta as datas a celebrar o evento serán o 8 e 9 de Agosto.

Comezaremos o sábado 8 de agosto coa XI Edición do FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE. Este ano optouse por 4 formacións da terra, é dicir galegas.

Serán os CUCHUFELLOS os encargados de abrir o Festival. Os seguintes en subirse o esceario serán LOS CLARETES como antesala de RUXE RUXE. Para pechar unha noite chea de boa música será ZËNZAR quen lle dé o broche de ouro.

O domingo 9 será cando a "Troita á Montañesa" (receita sobradesa) se erixa en protagonista do día. Unha xornada que arrancará as 11,00 horas coa apertura dos stands de artesanía. As 14,00 horas o párroco de Sobrado DAVID ÁLVAREZ será o encargado de dar o Pregón da festa nesta edición.

Unha vez rematado o Pregón a Orquestra DELIRIO poñerá a música nunha animada sesión vermú onde o arrecendo a comida xa é patente.

A partires das 16,00 horas comezarán as actividades de tarde coa animación de rúa chamada "FITNESS".

Uns "xa" clásicos da Feira da Troita como son os grandiosos FESTICULTORES TROUPE daranlle ritmo e cor coa súa música balcánica a Praza central da Vila.

Tamén a esa mesma hora, as 17,00 horas habilitarase na "Vía Sacra" a zona de xogos gratuita: Touro Mecánico, Futbolín Humano, Rocódromo, Hinchables, Talleres de Maquillaxe, Golosinas... (terán unha duración de 4 horas)

Xa as 19,00 horas o Grupo de Baile A MARISTELA de Sobrado fará as delicias do público asistente exaltando os temas máis destacados do folclore galego.

E para pechar esta xornada festiva por excelencia de novo a Orquestra DELIRIO será a encargada de poñer a música a partires das 20,00 horas e ata que o corpo aguante.


*PODERASE DEGUSTAR "TROITA Á MONTAÑESA" NA PRAZA DO POBO E NOS LOCAIS HOSTALEIROS DE SOBRADO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario