viernes, 19 de julio de 2019

XX Edición da Feira da Troita (Cartaz Oficial)


Hoxe facemos Oficial o cartaz da XX Edición da Feira da Troita. Quixemos que os días 10 e 11 de agosto haxa un amplo abano de posibilidades para disfrutar do ocio, cultura, deporte e gastronomía en Sobrado.

Ano tras ano a Feira da Troita coa súa "Troita á Montañesa" consolídase como unha das festas gastronómicas e culturais máis importantes dentro de todo o territorio galego. 

Neste 20 aniversario quixemos que desde os/as  máis pequeniños/as ata os máis maiores teñan motivos para querer pasar e disfrutar a segunda fin de semana do mes de agosto en Sobrado.

En vindeiros días iremos desmiuzando unha por unha as actividades coas que conta o cartaz e presentaremos a todos/as e cada un/unha dos/das artistas.



Benvidos a XX Feira da Troita de Sobrado

miércoles, 27 de marzo de 2019

MÄGO DE OZ cabeza de cartel da XX Feira da Troita



Un dos grupos nacionais máis internacionais MÄGO DE OZ será o cabeza de cartel da XX Feira da Troita.

A formación madrileña compartirá esceario no Festival Musical Intercultural da Xuventude, que está encadrado dentro da Feira da Troita, co grupo de música tradicional galega A RODA e LA BANDA DEL CAMIÓN a formación que comanda Gandy, autor do himno do Real Club Deportivo da Coruña.

O festival terá lugar o sábado 10 de agosto e a hora de inicio prevista son as 21:30 horas.

En vindeiros post iremos dando máis datos sobre o programa completo da Feira da Troita.


lunes, 6 de agosto de 2018

A sorpresa do cartel


Queremos darvos a última sorpresa do cartel, a Mekanica Rolling Band estará esta fin de semana na Feira da Troita. A súa actuación terá lugar o domingo as 22:00 horas no descanso da orquestra Abanico.

A disfrutar!!!

martes, 10 de julio de 2018

Presentación do XIV FESTIVAL MUSICAL INTERCULTURAL DA XUVENTUDE


PRESENTACIÓN DO XIV FESTIVAL MUSICAL INTERCULTURAL DA XUVENTUDE

CONCELLO DE SOBRADO
Sobrado 10/07/2018
Esta mañá presentouse no salón de plenos da Casa do Concello de Sobrado o XIV Festival Musical Intercultural da Xuventude.
No acto estiveron presentes ademais do Alcalde do Concello Luis Lisardo Santos Ares, o promotor do festival Francisco Seijo “Gandy”, Xaquín Xesteira e Xurxo Raposo de “Treixadura”, Coke Blanco de “Nuevo Plan” e Lucas Quintas e Bruno Mosquera de “Evasion”.
Lisardo Santos destacou a promoción a nivel turístico, cultural e económico que supón a celebración do Festival Musical Intercultural da Xuventude como preámbulo da Feira da Troita que se celebra ó día seguinte.
Francisco Seijo “Gandy” que leva 9 anos na producción do festival destacou que este era un Concello exemplar por ter o mérito de facer un festival de esta magnitude a pesares de ter tan so 1800 habitantes. Destacando que cada vez que ven a Sobrado sempre aprende algo.
Os representantes de Treixadura sinalaron o esforzo titánico que supón elaborar un evento de esta índole e que lles facía especial ilusión tocar en Sobrado pois algún dos membros son da veciña vila de Arzúa. Ademais adiantaron que en Sobrado van a presentar temas do seu novo disco “inda canto!”
Coke Blanco de “Nuevo Plan" anticipou que a súa formación vai vir con ganas de moita festa e de facerllo pasar ben a todos os asistentes, destacou ademais que para eles era un orgullo poder tocar por primeira vez en Sobrado.
Xa por último, os membros de Evasion deron as grazas ó Concello por permitirlles ser partícipes do Festival por segúndo ano consecutivo e poder compartir esceario con artistas de este calibre.



martes, 3 de julio de 2018

Nova incorporación para o Festival e cambio de horario

O grupo rock de Teixeiro EVASIÓN incorpórase ó elenco de artistas que pasarán polo esceario do XIV Festival Musical Intercultural da Xuventude. EVASIÓN serán ademais os encargados de abrir o festival que cambia de hora de inicio, será as 21:30 horas na Praza do Concello.