jueves, 28 de julio de 2016

Cartel OFICIAL da XVII FEIRA DA TROITA


Xa é oficial o cartel da XVII FEIRA DA TROITA. Agora so queda disfrutar de unha maravillosa fin de semana. Agardamos que vos guste.

martes, 19 de julio de 2016

Ganas de Troita??? Xa falta menos...


Sabemos que as charangas de rúa gustan e moito a todos os que visitades ano tras ano a Feira da Troita. Nesta edición, será FANFARRIA TAQUIKARDIA quen poñerá a Praza do Concello patas arriba na tarde do domingo. Con esta xente a festa está garantizada. Deixámosvos un petisco para que vaiades poñéndovos a tono...

#XaVaiFaltandoMenos

viernes, 8 de julio de 2016

Budiño, Exit e Martires del Rock and Roll conforman o cartel da XII Edición do Festival Musical Intercultural da Xuventude

XOSÉ MANUEL BUDIÑO
EXIT
MÁRTIRES DEL ROCK AND ROLL

O gaiteiro internacional Xosé Manuel Budiño, os coruñeses Exit e os ferroláns Mártires del Rock and Roll conforman o cartel da XII Edición do Festival Musical Intercultural da Xuventude que se celebrará o 13 de agosto en Sobrado no marco da XVII Feira da Troita.

Con XOSÉ MANUEL BUDIÑO cúmprese un desexo de anos de atrás no que desde a organización do Festival sempre foi un dos artistas que se tiveron como prioridade para ser participes do evento.

Abrirá esta XII edición do festival EXIT, o grupo residente da Sala Mardi Gras de A Coruña.
David Bowie, Kiss, Rolling Stones, Ramones, Led Zeppelin ou Jimmy Hendrix son algúns dos artistas que Exit leva ó esceario nas súas actuacións.

Para pechar o Festival, música de Los Suaves. Os ferroláns MÁRTIRES DEl ROCK AND ROLL (grupo tributo dos ourensáns) serán os encargados de poñer o broche de ouro a unha noite que promete.

Un ano máis os concertos serán na PRAZA DO CONCELLO e serán GRATUITOS.

O festival comeza as 22,00 horas.