martes, 10 de julio de 2018

Presentación do XIV FESTIVAL MUSICAL INTERCULTURAL DA XUVENTUDE


PRESENTACIÓN DO XIV FESTIVAL MUSICAL INTERCULTURAL DA XUVENTUDE

CONCELLO DE SOBRADO
Sobrado 10/07/2018
Esta mañá presentouse no salón de plenos da Casa do Concello de Sobrado o XIV Festival Musical Intercultural da Xuventude.
No acto estiveron presentes ademais do Alcalde do Concello Luis Lisardo Santos Ares, o promotor do festival Francisco Seijo “Gandy”, Xaquín Xesteira e Xurxo Raposo de “Treixadura”, Coke Blanco de “Nuevo Plan” e Lucas Quintas e Bruno Mosquera de “Evasion”.
Lisardo Santos destacou a promoción a nivel turístico, cultural e económico que supón a celebración do Festival Musical Intercultural da Xuventude como preámbulo da Feira da Troita que se celebra ó día seguinte.
Francisco Seijo “Gandy” que leva 9 anos na producción do festival destacou que este era un Concello exemplar por ter o mérito de facer un festival de esta magnitude a pesares de ter tan so 1800 habitantes. Destacando que cada vez que ven a Sobrado sempre aprende algo.
Os representantes de Treixadura sinalaron o esforzo titánico que supón elaborar un evento de esta índole e que lles facía especial ilusión tocar en Sobrado pois algún dos membros son da veciña vila de Arzúa. Ademais adiantaron que en Sobrado van a presentar temas do seu novo disco “inda canto!”
Coke Blanco de “Nuevo Plan" anticipou que a súa formación vai vir con ganas de moita festa e de facerllo pasar ben a todos os asistentes, destacou ademais que para eles era un orgullo poder tocar por primeira vez en Sobrado.
Xa por último, os membros de Evasion deron as grazas ó Concello por permitirlles ser partícipes do Festival por segúndo ano consecutivo e poder compartir esceario con artistas de este calibre.



No hay comentarios:

Publicar un comentario