lunes, 26 de julio de 2010

Benvidos

LOS SUAVES
MIGUEL COSTAS

FESTICULTORES


GUEZOS


Desde o departamento de Turismo do Concello de Sobrado dos Monxes inauguramos no día de hoxe este novo blog que será o sitio oficial da Feira da Troita de Sobrado dos Monxes.
Neste ano 2010 celebramos a XI Edición onde a "Troita á Montañesa" é a auténtica estrela desta festa.
Os días de celebración serán o sábado 21 de agosto co VI Festival Musical e Intercultural da Xuventude onde a partires das 22.30 horas na Praza do Concello e de caracter gratuito saltará ó esceario o ex-líder e ex-vocalista de Siniestro Total MIGUEL COSTAS como gran antesala do concerto de LOS SUAVES que terá lugar as 00.00 horas (este concerto está patrocinado polo XACOBEO 2010).
O día grande da XI Feira da Troita será o domingo 22 de agosto onde haberá stands de artesanía, pregón a cargo de periodista nado en Sobrado José Castro, degustación de TROITA Á MONTAÑESA na praza do Concello e nos locais hostaleiros de Sobrado (tamén haberá polbo á feira), actuación do grupo de baile A Maristela de Sobrado, baixada de carrilanas con premios en metálico para os máis veloces, rocódromo e tiro con arco..., e xa pola tarde-noite, actuación dos animados FESTICULTORES na Praza do Concello e como gran peche a esta xornada festiva, os ourensáns GUEZOS serán os encargados de facer o fin de festa con un concerto tamén en dita Praza.
Música, artesanía, gastronomía, deporte e cultura misturaranse nun fin de semana máxico no interior de Galicia.
NON DUBIDEDES EN VISITARNOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario