Como cada ano na Feira da Troita non podía faltar o noso compromiso co baile e a música tradicional galega. Unha edición máis o noso grupo abandeirado A MARISTELA de Sobrado, estará con nós para amosar as súas magníficas interpretacións.
Nesta XVIII Edición quixemos afondar nas costumes de outras comunidades autónomas, neste caso nas de Castela e León. Desde Valladolid chegan 2 grupos: LAS TORRES DE CIGALES e LOS DULZAINEROS DEL DUERO. Unha bonita forma de achegamento para poder coñecer outras formas de baile e música tradicional.
Horarios:
LAS TORRES DE CIGALES / LOS DULZAINEROS DEL DUERO 14,00 horas
A MARISTELA 18,30 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario