miércoles, 7 de agosto de 2019

Horarios de actuación do "Mago Antón"


O "Mago Antón" instalará o domingo 11 de agosto o seu camión-esceario na parte superior da Praza do Concello para ofrecer 6 funcións ao largo do día.

Os horarios de actuación serán os seguintes:

- 12:00 horas
- 13:00 horas
- 16:30 horas
- 17:30 horas
- 18:30 horas
- 19:30 horas

martes, 6 de agosto de 2019

Horarios do XV Festival Musical Intercultural da Xuventude


SÁBADO 10 DE AGOSTO /// GRATUITO


- 21:30h A RODA

- 22:30h LA BANDA DEL CAMIÓN

- 23:40h MÄGO DE OZ





XV Festival Musical Intercultural da Xuventude

Nin máis nin menos que 15 anos cumple o Festival de Sobrado. Este ano quixemos poñer toda a carne no asador e apostamos como cabeza de cartel por unha das bandas que máis vende tanto en España coma en latinoamérica: MÄGO DE OZ

La Costa del Silencio, Fiesta Pagana, La Posada de los Muertos ou La Rosa de los Vientos sonarán na Praza do Concello dentro do XV Festival Musical Intercultural da Xuventude que arrancará as 21:30 horas. O acceso é gratuito.

Pero antes de MÄGO DE OZ haberá tempo para a música da terra, a música galega. Logo de moitos anos repite unha das formacións máis recoñecidas do folc galego: A RODA. As súas cancións son himnos que a día de hoxe cantan desde maiores ata pequenos: quen non cantou algunha vez "Pousa, pousa" "O andar miudiño"ou "Carmiña Carmela".

E para completar este elenco de grupazos estará no escenario da Praza LA BANDA DEL CAMIÓN.  A banda coruñesa liderada por Francisco Seijo "Gandy" (autor do himno do Real Club Deportivo de A Coruña) fara saltar e bailar ao público co mellor rock nacional e internacional dos 70 e 80.

Ademais, hai unha sorpresa neste festival..., non a perdas...

viernes, 19 de julio de 2019

XX Edición da Feira da Troita (Cartaz Oficial)


Hoxe facemos Oficial o cartaz da XX Edición da Feira da Troita. Quixemos que os días 10 e 11 de agosto haxa un amplo abano de posibilidades para disfrutar do ocio, cultura, deporte e gastronomía en Sobrado.

Ano tras ano a Feira da Troita coa súa "Troita á Montañesa" consolídase como unha das festas gastronómicas e culturais máis importantes dentro de todo o territorio galego. 

Neste 20 aniversario quixemos que desde os/as  máis pequeniños/as ata os máis maiores teñan motivos para querer pasar e disfrutar a segunda fin de semana do mes de agosto en Sobrado.

En vindeiros días iremos desmiuzando unha por unha as actividades coas que conta o cartaz e presentaremos a todos/as e cada un/unha dos/das artistas.



Benvidos a XX Feira da Troita de Sobrado

miércoles, 27 de marzo de 2019

MÄGO DE OZ cabeza de cartel da XX Feira da Troita



Un dos grupos nacionais máis internacionais MÄGO DE OZ será o cabeza de cartel da XX Feira da Troita.

A formación madrileña compartirá esceario no Festival Musical Intercultural da Xuventude, que está encadrado dentro da Feira da Troita, co grupo de música tradicional galega A RODA e LA BANDA DEL CAMIÓN a formación que comanda Gandy, autor do himno do Real Club Deportivo da Coruña.

O festival terá lugar o sábado 10 de agosto e a hora de inicio prevista son as 21:30 horas.

En vindeiros post iremos dando máis datos sobre o programa completo da Feira da Troita.