martes, 4 de agosto de 2015

Corretroita, ven a correr a Sobrado


O Concello de Sobrado incorpora na fin de semana desta XVI Edición da Feira da Troita unha actividade deportiva a xa de por sí cargada axenda, o I Corretroita.

O Corretroita é unha carreira popular con unha distancia de algo máis de 7 km que transcurrirá polas cercanías do pobo de Sobrado.

Terá lugar o sábado 8 de agosto a partires das 19,00 horas e a categoría na que se disputa é a absoluta.

Os que desexedes participar na carreira debédesvos apuntar na web da Federación Galega de Atletismo www.fgatletismo.es/santiago a cuota de inscrición son 5€ e a data tope para poder participar é o venres 7 de agosto as 14,00 horas.

Animádevos e vide a facer deporte saudable a Sobrado!!!