XOSÉ MANUEL BUDIÑO
EXIT
MÁRTIRES DEL ROCK AND ROLL
O gaiteiro internacional Xosé Manuel Budiño, os coruñeses Exit e os ferroláns Mártires del Rock and Roll conforman o cartel da XII Edición do Festival Musical Intercultural da Xuventude que se celebrará o 13 de agosto en Sobrado no marco da XVII Feira da Troita.
Con XOSÉ MANUEL BUDIÑO cúmprese un desexo de anos de atrás no que desde a organización do Festival sempre foi un dos artistas que se tiveron como prioridade para ser participes do evento.
Abrirá esta XII edición do festival EXIT, o grupo residente da Sala Mardi Gras de A Coruña.
David Bowie, Kiss, Rolling Stones, Ramones, Led Zeppelin ou Jimmy Hendrix son algúns dos artistas que Exit leva ó esceario nas súas actuacións.
Para pechar o Festival, música de Los Suaves. Os ferroláns MÁRTIRES DEl ROCK AND ROLL (grupo tributo dos ourensáns) serán os encargados de poñer o broche de ouro a unha noite que promete.
Un ano máis os concertos serán na PRAZA DO CONCELLO e serán GRATUITOS.
O festival comeza as 22,00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario