miércoles, 24 de julio de 2013
O´FUNK´ILLO cabeza de cartel
A banda sevillana O´FUNK´ILLO será a cabeza de cartel da IX Edición do FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE que se celebrará en Sobrado o sábado 17 de agosto e que servirá para dar a benvida a unha nova edición da Feira da Troita.
O grupo de ANDREAS LUTZ, RAFA KAS e PEPE BAO ten a capacidade de contar con gran variedade de estilos musicais: Funk, Metal, Flamenco ou Reggae.
Sen lugar a dúbidas é un auténtico luxo ter a estes artistas nun Festival que un ano máis será gratuito e que se celebrará como acostuma na Praza do Pobo.
Pero O´FUNK´ILLO non estará so no esceario de Sobrado. Como grupo teloneiro teremos a ledicia de poder contar con RECAMBIOS TUCHO onde Tuchiño, membro dos Heredeiros da Crus comanda a nave da formación de Ribeira. Rock & Risas asegurado.
En vindeiros días anunciaremos a programación completa da XIV EDICIÓN DA FEIRA DA TROITA.
Estade atent@s
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario