martes, 11 de junio de 2013

Proximamente adianto da XIV Edición


Estamos a traballar na XIV Edición da Feira da Troita de Sobrado dos Monxes. En vindeiras datas poderemos ir facendo un adianto das actuacións, actividades e horarios que envolverán  a festa na honra da "Troita á Montañesa". As datas de celebración de esta XIV Edición serán o 17 e 18 de agosto.

sábado, 28 de julio de 2012

jueves, 26 de julio de 2012

BURNING cabeza de cartel do festival musical da XIII Edición da Feira da Troita

O grupo madrileño BURNING que se consagrou coma un referente do pop-rock nacional con temas coñecidos como "¿Que hace una chica como tú en un sitio como este?" ou "Mueve tus caderas" será a cabeza de cartel no festival musical da XIII Edición da Feira da Troita. Como grupo teloneiro estará "La Banda del Camión" que lidera o polifacético Franciso Seijo "Gandi", conocido entre outras cousas por ser o autor do "Rock do Deportivo". Nas próximas datas presentaremos o programa completo de actividades para la edición de este ano. O festival musical terá lugar o sábado 11 de agosto e o día "grande" da Feira da Troita o domingo 12.

jueves, 23 de junio de 2011

Def Con Dos será o cabeza de cartel da XII Feira da Troita


Sobrado dos Monxes celebrará os días 20 e 21 de agosto a XII Edición da Feira da Troita.
Como é tradicional o primeiro día do evento celebrarase o "Festival Musical e Intercultural da Xuventude" que neste 2011 cumple a súa VII Edición.
O grupo de rap metal galego-madrileño DEF CON DOS será o cabeza de cartel. A formación que lidera César Strawberry acaba de quitar ó mercado o recopilatorio titulado "La culpa de todo la tiene Def Con Dos" para celebrar os 20 anos de carreira subidos enriba dos escearios. Na súa web www.defcondos.com xa teñen inserida a data de actuación no noso Concello http://defcondos.com.mialias.net/?p=307
Pola súa banda, os ferroláns Riff Raff que fan versións dos míticos australianos ACDC serán os teloneiros do festival.
O día grande da Feira da Troita será o domingo 21 de agosto onde como é tradicional a "Troita á Montañesa" será a estrela da festa e que se poderá degustar na Praza do Concello así coma nos locais hostaleiros de Sobrado dos Monxes.
A orquestra FANIA BLANCO SHOW será a encargada de facer a sesión vermú e amenizar a tarde-noite con boa música. Ademáis tamén actuará o grupo de baile A MARISTELA de Sobrado dos Monxes e o grupo de percusión TRÓPICO DE GRELOS que nos achegará o seu espectáculo "Zum bom" animará a tarde cos seus alegres ritmos.
Esta información e o cartel completo da XII Edición da Feira da Troita irase ampliando neste blog en vindeiras datas.



jueves, 10 de febrero de 2011

Estamos a traballar na elaboración da XII Feira da Troita

Dende o Servizo de Xuventude, Cultura e Turismo xa se está a traballar na elaboración da XII Edición da Feira da Troita.
En breves datas iremos ampliando información.