Se desexades coñecer toda a programación detallada clicade enriba do cartel para ampliar
sábado, 28 de julio de 2012
jueves, 26 de julio de 2012
BURNING cabeza de cartel do festival musical da XIII Edición da Feira da Troita
O grupo madrileño BURNING que se consagrou coma un referente do pop-rock nacional con temas coñecidos como "¿Que hace una chica como tú en un sitio como este?" ou "Mueve tus caderas" será a cabeza de cartel no festival musical da XIII Edición da Feira da Troita. Como grupo teloneiro estará "La Banda del Camión" que lidera o polifacético Franciso Seijo "Gandi", conocido entre outras cousas por ser o autor do "Rock do Deportivo". Nas próximas datas presentaremos o programa completo de actividades para la edición de este ano. O festival musical terá lugar o sábado 11 de agosto e o día "grande" da Feira da Troita o domingo 12.
miércoles, 10 de agosto de 2011
jueves, 4 de agosto de 2011
jueves, 23 de junio de 2011
Def Con Dos será o cabeza de cartel da XII Feira da Troita

Sobrado dos Monxes celebrará os días 20 e 21 de agosto a XII Edición da Feira da Troita.
Como é tradicional o primeiro día do evento celebrarase o "Festival Musical e Intercultural da Xuventude" que neste 2011 cumple a súa VII Edición.
O grupo de rap metal galego-madrileño DEF CON DOS será o cabeza de cartel. A formación que lidera César Strawberry acaba de quitar ó mercado o recopilatorio titulado "La culpa de todo la tiene Def Con Dos" para celebrar os 20 anos de carreira subidos enriba dos escearios. Na súa web www.defcondos.com xa teñen inserida a data de actuación no noso Concello http://defcondos.com.mialias.net/?p=307
Pola súa banda, os ferroláns Riff Raff que fan versións dos míticos australianos ACDC serán os teloneiros do festival.
O día grande da Feira da Troita será o domingo 21 de agosto onde como é tradicional a "Troita á Montañesa" será a estrela da festa e que se poderá degustar na Praza do Concello así coma nos locais hostaleiros de Sobrado dos Monxes.
A orquestra FANIA BLANCO SHOW será a encargada de facer a sesión vermú e amenizar a tarde-noite con boa música. Ademáis tamén actuará o grupo de baile A MARISTELA de Sobrado dos Monxes e o grupo de percusión TRÓPICO DE GRELOS que nos achegará o seu espectáculo "Zum bom" animará a tarde cos seus alegres ritmos.
Esta información e o cartel completo da XII Edición da Feira da Troita irase ampliando neste blog en vindeiras datas.
jueves, 10 de febrero de 2011
Estamos a traballar na elaboración da XII Feira da Troita
jueves, 29 de julio de 2010
Cartel da XI Edición da Feira da Troita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)