A banda sevillana
O´FUNK´ILLO será a cabeza de cartel da
IX Edición do
FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE que se celebrará en
Sobrado o s
ábado 17 de agosto e que servirá para dar a benvida a unha nova edición da
Feira da Troita.
O grupo de
ANDREAS LUTZ, RAFA KAS e
PEPE BAO ten a capacidade de contar con gran variedade de estilos musicais: Funk, Metal, Flamenco ou Reggae.
Sen lugar a dúbidas é un auténtico luxo ter a estes artistas nun Festival que un ano máis será
gratuito e que se celebrará como acostuma na
Praza do Pobo.
Pero
O´FUNK´ILLO non estará so no esceario de
Sobrado. Como grupo teloneiro teremos a ledicia de poder contar con
RECAMBIOS TUCHO onde
Tuchiño, membro dos Heredeiros da Crus comanda
a nave da formación de Ribeira. Rock & Risas asegurado.
En vindeiros días anunciaremos a programación completa da
XIV EDICIÓN DA FEIRA DA TROITA.
Estade atent@s